Enviado por pirata.gal a Xov, 24/01/2013 - 13:07
O pasado domingo día 20 celebráronse eleccións no Land alemán da Baixa Saxonia. Os Piratas locais tiñan as esperanzas postas en traspasar o linde do 5% dos votos, cousa que lles garantía a entrada no parlamento. A expectación era forte, sobre todo despois dos éxitos acadados polo Movemento Pirata alemán, que xa conta con presenza parlamentaria nos Länder de Berlín, Sarre, Schleswig-Holstein e Renania do Norte- Westfalia.
Enviado por pirata.gal a Lun, 26/03/2012 - 17:47
O movemento Pirata volve estar de parabén. Nas eleccións celebradas onte en Land alemán do Sarre, o Piratenpartei (o Partido Pirata alemán) conseguiu o 7,4% dos votos. Iso garántelle catro escanos nun Parlamento particularmente difícil, tendo en conta a demografía de Sarre e a escasa marxe de manobra coa que se celebraron estas eleccións.