Piratas de Galicia (de siglas PIRATA.GAL) é un partido político de ámbito Galego herdeiro da ideoloxía do Partido Pirata de Suecia.
PIRATA.GAL aposta por ser un partido diferente, cunhas ideas claras, ben definidas e centrados no cidadán. Por iso a democracia participativa e unha das bases do noso partido, para que o votar a PIRATA.GAL esteas a votar por ti mesmo.
Outro punto central da nosa ideoloxía é a defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns, tanto dentro da rede coma fora de ela, facendo especial fincapé na liberdade de expresión, a privacidade e a presunción de inocencia dos cidadáns.
O terceiro eixo do noso partido radica nunha actualización das leis de patentes e de dereitos de autor á época e contexto actual. Unha actualización que permita mellorar a innovación, así como preservar os dereitos dos autores mentres se garante o acceso da cultura a cidadanía.
Por último, Piratas de Galicia apostamos férreamente pola defensa da base que conseguíu crear a Internet que coñecemos hoxe en día, a neutralidade de rede, así coma unha aposta seria e comprometida polo software libre e licencias libres.
Tendo en mente todo isto, dende PIRATA.GAL rexeitamos a consideración dentro dos antigos estándares de partidos de dereitas ou esquerdas, así como calquera outra condición preexistente. Así, adaptámonos ós novos tempos da revolución das TIC, tamén chamada Terceira Onda.
Con este ideario, e dende a súa fundación en Suecia no ano 2006, os partidos piratas conseguíron dous representantes no Parlamento Europeo así como varios escaños e concelleiros en Alemaña, República Checa e España.
Agora existe unha ampla rede de partidos piratas loitando por un ideario común, polo que loitamos xuntos e nos coordinamos internacionalmente polo Pirate Parties International.
Dende Piratas de Galicia creemos que se está a facer un gran traballo pero queremos seguir traballando para acadar un forte cambio na sociedade. Por iso animámoste a que te unas a nós e que sexas partícipe deste cambio.
Se queredes contactar con nós, temos varias canles de contacto.